A mostra sobre Cortázar chega á rede e poderá verse en París

Virtualmente en París

19/12/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Despois do “Outono Cortázar” que achegaba o legado de Julio Cortázar cunha mostra (que tivo 12.000 visitantes), un ciclo de cine (cuns 2.000 asistentes) e as xornadas de debate, a Secretaría Xeral de Comunicación acaba de facer públicos dous novos destinos para estes contidos. Dunha banda está o web do Centro Galego de Artes da Imaxe, que presenta unha visita virtual da mostra e, da outra, París. No centro de América Latina da capital francesa poderase ver (a partir do 12 de xaneiro) a mostra que dá a coñecer o legado fotográfico, documental e cinematográfico que cedera a viúva do escritor a Galicia.

Máis información sobre a nova no web da Xunta, visita a mostra no web do CGAI, e sobre o arquivo de Cortázar na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, CGAI, Documental, Centro Galego de Artes da Imaxe...