A Xunta non exporá o fondo Cortázar no 25 cabodano do seu pasamento

O CGAI garda o material fílmico e fotográfico do escritor arxentino

5/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Neste 2009 cúmprense vinte e cinco anos do pasamento de Julio Cortázar (1914-1984). Unha cita que non ten previsto celebración especial no noso país, e iso que o fondo fotográfico e fílmico do escritor se depositan (en custodia, que non en doazón) no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) desde o ano 2005. Así o revela hoxe Xornal que asegura que a Xunta non ten previsto realizar ningunha actividade conmemorativa que permita achegarse a ese leigado. O que si se pode facer é o paseo virtual por ese material, dispoñible no web do CGAI.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe