A viúva de Julio Cortázar cede a Galicia o fondo fotográfico e fílmico do escritor

Casa galega para Cortázar

9/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Case dúas mil fotografías, maioritariamente inéditas, e varias filmacións en formato Super 8 do escritor arxentino Julio Cortázar pasarán ao patrimonio galego. A viúva deste autor, Aurora Bernárdez, asina mañá co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, un acordo polo que doa este material ao noso país. Os fondos filmográficos encóntranse xa no Centro Galego de Artes da Imaxe, onde se está a proceder á súa dixitalización. Entre as fotografías consérvanse instantáneas da única viaxe do matrimonio a Galicia, de onde é orixinaria Bernárdez.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe e en La Opinión

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Pérez Touriño, Galicia Hoxe, La Opinión, Centro Galego de Artes da Imaxe...