O CGAI inaugura en Santiago unha exposición que se achegará a Julio Cortázar a través das súas propias imaxes e as dos seus amigos

A través da súa cámara e dos seus amigos

26/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O pasado mes de novembro, o Secretario Xeral de Comunicación, Fernando Salgado, anunciaba que a viúva de Julio Cortázar, Aurora Bernárdez, cedía ao CGAI os fondos fotográficos e fílmicos do escritor. Como resultado daquel acordo, a Igrexa da Universidade e no Pazo de Fonseca, en Santiago, ofrecerán a partir do xoves 28 unha selección das preto de catro mil imaxes que conformaban ese arquivo. A comisaria da exposición, Rocío Santacruz, explica que “ademais da escolma do arquivo fotográfico e fílmico en Súper 8, exhibiranse varios obxectos que amosarán a relación que Cortázar mantivo con outros artistas, entre eles, Luís Seoane”. A mostra achega a faceta máis descoñecida e persoal do autor de “Rayuela”.

Máis información no web Compostela Cultura e sobre a cesión do fondo de Cortázar que gardará o CGAI na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Luís Seoane, Culturagalega, Igrexa da Universidade

Claves

Protagonistas
Entidades