Case 300 mariñeiros galegos morreron traballando nos últimos dez anos

Augas non perigosas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

UXT-Galicia revelou hoxe nun informe as cifras da traxedia: Un total de 293 mariñeiros morreron na última década mentres realizaban o seu traballo. Outros 18.000 sufriron lesións leves e 606 máis percances graves. Durante este período, a sinistralidade incrementouse nun 40%.

Causas


Do conxunto de mortes que se rexistraron no mar estes anos, un 33% debéronse a accidentes laborais a bordo dos barcos, un 33% por caidas á auga, un 31% en naufraxios e un 10% foron mortes por infarto. A diminución de empregados no sector, unido ó incremento do número de accidentes provocou que a taxa de accidentalidade respecto da poboación asalariada se incrementase espectacularmente.

Manifestación

Coincidindo co traslado a Marín dos corpos dos falecidos nos naufraxios dos pesqueiros Arosa e Amur, UXT convocou nesta vila unha manifestación para as catro e media da tarde do sábado. Baixo o lema "Non máis mortes no mar", a protesta pretende ser un revulsivo contra o fatalismo dos traballadores que consideran normais os accidentes e mesmo as mortes no mar.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Naufraxios, Medios de comunicación, Marín

Claves

Lugares