Kalandraka e Nova Galicia terán espazo propio na Feira do Libro de Guadalajara

A edición vai a México

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A vixésima Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México), unha das máis importantes do ámbito hispanoamericano, contará coa presenza da edición galega grazas ás casetas propias das editoriais Kalandraka e Nova Galicia e aos espazos dedicados en casetas de caracter asociativo ás publicacións das tres universidades galegas, na caseta da Asociación de Editoriales Universitarias Españolas, e á revista A Trabe de Ouro, dirixida por Méndez Ferrín, e cuxa edición mostrarase na caseta da Asociación de Revistas Culturales Españolas. Nesta edición da Feira a cultura andaluza é a invitada especial, o cal reforza a presenza de Kalandraka a través do seu selo andaluz, alén diso a editora de libros infantís ten unha forte vinculación co país mexicano como demostra que nos últimos anos a Secretaría de Educación Pública do país americano incorporou máis de 20 títulos da editora galega no Plan Nacional de Lectura.

Máis información na Fil de Guadalajara

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, México, Feira do Libro, Méndez Ferrín...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares