A editora pontevedresa Kalandraka segue na súa liña de entrada en outros mercados e vai intervir activamente na Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México. Neste evento que celebra a súa décimo oitava edición a editorial foi invitada por vez primeira a participar no programa de actividades do FIL Nenos, o apartado infantil e xuvenil da feira, cousa que fará abrindo a programación o día 27 e tamén o día 29 cos autores Olalla González e Xosé Ballesteros que contarán os seus contos ante os nenos que asistan. A organización do FIl calcula que preto de cincuenta mil cativos pasaran polo Fil Nenos nesta edición. Na mesma feira será presentada tamén a obra en castelán Ya no pisa la tierra tu rey(Anagrama), da compostelá Cristina Sánchez Andrade, que resultou gañadora do Premio Sor Juana 2004 que outorgan a Feria Internacional del Libro de Guadalajara, a Sogem e a Asociación de Clubes de Libro, AC. de Guadalajara.
Máis información no sitio web da FIL 2004
e no Diario de Pontevedra