Créase en Santiago un certame internacional para libros ilustrados cunha importante dotación

Buscando a mellor ilustración

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Concello de Santiago e a editorial Kalandraka veñen de convocar conxuntamente o I Premio Internacional ‘COMPOSTELA’ para Álbums Ilustrados, unha iniciativa pioneira en Galicia e dirixida a autores e ilustradores do ámbito internacional. Trátase dun dos certames a nivel estatal mellor dotados economicamente, con 12.000 euros, en concepto de dereitos de autor. O premio implica ademais a publicación da obra gañadora nas cinco linguas oficiais da Península Ibérica (galego, castelán, catalán, euskera e portugués). O prazo de entrega dos traballos finaliza o 31 de xaneiro de 2008 e o fallo do xurado darase a coñecer o 2 de abril, data que coincide co Día do Libro Infantil e Xuvenil e co décimo aniversario da creación de Kalandraka. Os cartaces editados coas bases completas do concurso distribuiranse nas principais feiras internacionais do libro que restan por celebrar este ano, Frankfurt (Alemaña) e Guadalajara (México).

Máis información en Kalandraka

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Portugués, Concello de Santiago, Día do Libro...