Presentadas as obras gañadoras do III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

Kalandraka publica as obras gañadora e finalista en sete idiomas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Presentadas as obras gañadoras do III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

A obra titulada “La Familia C”, con texto de Pep Bruno (Barcelona, 1971) e ilustracións de Mariona Cabassa (Barcelona, 1977), foi a gañadora do III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados e presentouse onte en Santiago. O galardón, cunha dotación de 12.000 euros, conleva a publicación na editorial Kalandraka do libro en galego, castelán, catalán, euskera, portugués, inglés e italiano. A esta edición do premio presentáronse un total de 519 traballos. A cifra supera amplamente a participación da primeira e da segunda convocatorias, con 346 e 266 traballos, respectivamente. Ao galardón optaban máis dun milleiro de autores e ilustradores de 22 países. Ademais do álbum gañador presentouse tamén a obra finalista “Bailar en las nubes”, un traballo moi valorado por xurado con referencias aos conceptos de cidade e multiculturalidade que tamén será publicado nos mesmos sete idiomas que a obra gañadora.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Barcelona, Portugués, Santiago de Compostela

Claves

Entidades
Conceptos