A obra O can de Mimo, da ilustradora e escritora húngara Mariann Máray logrou impoñerse ante o xurado de entre as case 300 obras de 24 países presentadas á XIIª Edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Tras unha longa deliberación que remataba pouco antes da rolda de prensa o xurado decidíase por esta obra da que na súa acta destaca a "atrevida aposta plástica reforzada pola multiplicidade cromática cercana á estética naif e ao mundo da infancia". O xurado quixo salientar tamén a obra finalista, que recomendan para a súa publicación e que leva por nome Atrapamiradas, de Avi Ofer (ilustrador) e Marina Núñez (autora), ambos de Barcelona. O Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados é un certame convocado dende o ano 2008 polo Departamento de Educación do Concello de Santiago en colaboración coa Editorial Kalandraka, que está dirixido a autores/as e ilustradores/as de todas as nacionalidades. Trátase dun dos concursos internacionais con maior dotación económica no seu ámbito de especialización, con 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor, e cun significativo nivel de participación nas dez edicións, ao que se engade o prestixio do xurado que avalía as obras presentadas. Kalandraka publica a obra premiada nas cinco linguas oficiais peninsulares -galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués- así como en inglés e logo leva a obra polas importantes feiras internacionais sectoriais as que toma parte en todo o mundo dando gran proxección do premio.
Durante o acto de comunicación do fallo, os membros do xurado fixeron fincapé no contido "humanista" tanto da obra gañadora como da finalista, deixando claro as grandes diferencias plásticas e de proposta entre as dúas. Se ben en O can de Mimo resaltaron a tenrura da historia así como a grande coherencia entre o contido gráfico e plástico co contido narrativo textual. A obra finalista, pola súa banda ofrece unha ollada humorística sobre os comportamentos dos adultos con respecto aos cativos no que ten que ver cunha falla de atención causada polo exceso do uso dos móbiles. A gañadora, Mariann Maray (Budapest, 1978), é unha recoñecida autora húngara que xa ten varios libros publicados no seu país natal e traducidos a outras linguas.