Pep Bruno e Mariona Cabassa levan o III Premio Compostela de Álbum Ilustrado

La familia C fíxose cos 12.000 euros do premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Capa de La familia C

Capa de La familia C

O xurado do III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados escolleu a obra La familia C, con texto de Pep Bruno e debuxos de Mariona Cabassa como gañadora deste ano. Os autores levan 12.000 euros de premio e verán a súa obra editada en galego, castelán, catalán, euskera e portugués da man de Kalandraka. Como finalistas, quedaron Raimon Juventeny Corberó, con Manual del buen paseante. Descripción en veinte puntos, e Vanina Soledad Starkoff Bailar en las nubes. Co fallo deste galardón iníciase a X Campaña de Animación á Lectura en Compostela, que este ano leva o lema Un gran soño e que se desenvolverá ata o vindeiro 22 de maio.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Portugués, Kalandraka, Santiago de Compostela

Claves

Entidades