Fran Pintadera e Christian Inaraja gañan o XI Premo Compostela de Álbumes Ilustrados

O Concello de Santiago acolleu esta mañá o fallo do xurado do galardón

27/6/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

A XI Edición do Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados, que convocan a editorial Kalandraka e mais o Concello de Santiago, xa ten gañadores. Cándido y los demás, escrito polo alicantino Fran Pintadera e ilustrado polo barcelonés Christian Inaraja foi seleccionado esta mesma mañá como vencedor xurado desta edición, que se reuniu na propia sede municipal compostelana. Os gañadores recibirán 9.000 euros de premio e verán a súa obra editada en galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués pola editorial Kalandraka o vindeiro novembro.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións
Compartir:

O xurado destacou do traballo gañador "o seu estilo actual, directo e coherente e a súa riqueza gráfica" a sinala que o álbum "fala de que todos e todas somos diferentes, da mirada dun mesmo cara os demais, e dos demais cara un mesmo". A acta do fallo recolle ademais unha lembranza a Xabier P. Docampo, falecido onte, que foi membro do xurado do Premio "Compostela" de Álbums Ilustrados na súa primeira e décima xeiras.

Pola súa banda, La ensartadora de lágrimas, das italianas Anna Pedron e Franca Perini, foi declarada finalista no certame, mentres Ninguén coma min (Autobiografía dun tirano), de José Ignacio Chao e Eva Sánchez, e A cidade conta histórias, de Susana M. Seixas Alves, recibiron mencións especiais do xurado. En total valoráronse 161 obras chegadas de 18 países.

Páxinas presentadas do álbum <i>Cándido y los demás</i>
Páxinas presentadas do álbum Cándido y los demás

Que che pareceu?
0 reaccións
Difunde a cultura galega:
Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Concello de Santiago, Portugués, Xabier P. DoCampo

Claves

Protagonistas
Conceptos