O libro galego estará presente na décimo quinta edición da Feira Internacional do Libro da Habana que comeza mañá e que se celebrará ata o 12 de febreiro na Fortaleza de San Carlos de La Cabaña. A Asociación Galega de Editores (AGE) acode a este evento co patrocinio da ConsellerÃa de Cultura coa que comparte stand, e exhibirá arredor de 300 tÃtulos representativos da diversidade da produción editorial das 35 empresas asociadas. Miguel Anxo Fernán Vello, presidente da AGE, manterá diversos encontros institucionais, entre outros, co ministro de Cultura cubano, Abel Prieto , co presidente do Instituto Cubano do Libro (ICL), Iroel Sánchez, e coa directora da Feira e coa presidenta da Cámara cubana do Libro MarÃa Mederos. Despois da primera etapa na Habana, a Feira percorrerá outras 34 cidades cubanas ata a súa clausura, o 5 de marzo, en Santiago de Cuba.Nos vindeiros meses a AGE participará tamén nas Feiras de Bolonia, Primavera dos livros (Brasil), Liber, Frankfurt e previsiblemente Guadalajara (México).
Máis información no sitio da AGE
ou na páxina da Feria Internacional del Libro de Cuba