A Secretaría Xeral de Comunicación anuncia a creación dun portal do Audiovisual de Galicia

Portal do audiovisual

6/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Un espazo na rede no que os escolares, estudantes das facultades de comunicación, das escolas de FP e todos aqueles interesados poidan subir o seu traballo. Este é o obxectivo do portal “Audiovisual de Galicia” que acaba de anunciar o Director Xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias. O proxecto, que estará dispoñible en breve, ofrecerá servizos como buscadores, almacenamento para descargar en “streaming” os seus traballos e unha presenza continuada na rede. O anuncio tivo lugar na presentación das cornadas sobre a mocidade en internet, "Enredad@s" que celebrará o Consello da Xunventude de Galicia entre o 16 e 18 de novembro en Santiago.

Máis información no web do Consello da Xuventude

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel José Fernández Iglesias, Manuel José Fernández, Xuventude, Escolas...