A TDT é unha das prioridades da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual para 2009

O departamento de José Fernández pretende incrementar a presenza na rede do sector

2/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

No marco dunha xornada técnica co Clúster Audiovisual Galego, o Director Xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, detallou as prioridades do seu departamento de cara ao vindeiro ano. Os obxectivos pasan por completar o despregamento da TDT no que atende ás emisións de ámbitos local, autonómico e estatal, para ir incrementando as porcentaxes de cobertura de cara o 2010, cando se producirá o apagón analóxico. Ademais, outra das prioridades pasan por desenvolver o Plan de Apoio á Produción Audiovisual Independente. Canda estes, existen outras iniciativas como potenciar o CGAI, incrementar a presenza na rede do sector audiovisual galego e ampliar a rede de Telecentros de Comunicación.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Comunicación Audiovisual, TDT, Manuel José Fernández, Manuel José Fernández Iglesias...