Edicións Obradoiro publica xa en galego a segunda parte oficial de Peter Pan

Benvidos a Nunca Xamais

A secuela oficial de Peter Pan xa está nas librarías de todo o mundo en varios idiomas, incluíndo o galego. A través de Edicións Obradoiro, editorial do Grupo Santillana, as novas aventuras do personaxe creado por James Barrie (1860-1937) poden chegar aos lectores galegos no seu propio idioma coincidindo co lanzamento no resto dos idiomas. “Peter Pan e a levita escarlata”- “Peter Pan in Scarlet” no orixinal- é a secuela oficial do clásico de Barrie, encargada polo Hospital Infantil Great Ormond Street a través dun concurso que finalmente gañou a veterana escritora británica Geraldine McCaughrean. O Hospital puxo en marcha o concurso para poder manter os ingresos polos dereitos sobre Peter Pan que teñen por expreso desexo de James Barrie. Silvia Carril Caldelas foi a encargada da tradución do inglés ao galego.

Ficha en Lg3 de Peter Pan e a levita escarlata