A Xunta organiza un congreso con expertos para reflexionar sobre urbanismo no litoral

A auga e as casas

A presión inmobiliaria que soportan concellos das Rías Baixas, a Costa da Morte e a Mariña lucense preocupa á Xunta. Por iso, a consellaría competente na materia , a de Política Territorial, xunto co Colexio de Arquitectos organiza un congreso internacional do 23 ao 25 de novembro para reflexionar sobre as directrices que deben marcar a política urbanística. Unhas xornadas nas que participarán expertos europeos que teñen estudado o desenvolvemento das fachadas marítimas, como Rinio Brutomesso director de Cittá de Aqua ou o arquitecto luso Nuno Porta. Ademais, a Consellaría de Medio Ambiente considera que a maior parte dos danos ocasionados polo temporal destes días foron debido á mala planificación urbanística.

Programa e información no web da Xunta e sobre a influencia da presión urbanística no litoral en La Opinión; o noso tema sobre a nova cultura da auga