A Xunta presenta o seu proxecto de dinamización da Costa da Morte e continúa co proxecto do Courel

O importante é ter un plan

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Política Territorial, Pesca, Medio Ambiente e Innovación son os principais departamentos implicados no Proxecto Integral de Desenvolvemento da Costa da Morte e Bergantiños. Emilio Pérez Touriño deu a coñecer o proxecto do bipartito aos 16 alcaldes da zona ante as críticas populares que o acusaban de “rebautizar” o seu Plan Galicia. Non é o único plan abordado polo goberno, xa que en anteriores Consellos da Xunta, o goberno acordou prorrogar o convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a USC para elaborar un Plan de Dinamización do Courel que puidese ser exportado a outras localidades.

Máis información sobre o plan para a Costa da Morte en La Voz de Galicia e en La Opinión

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Costa da Morte, Courel, Emilio Pérez Touriño...