A Xunta prohibirá construír nos primeiros metros do litoral

Política costeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Hai dous días constituíase a Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística e onte a Xunta anunciou que non permitirá edificar nos primeiros cincocentos metros do litoral para evitar que se continúe degradando a costa. Sobre ese tema, a Consellaría de Política Territorial e o Colexio de Arquitectos abren hoxe a mostra “Bordos de mar: 1.720 quilómetros de litoral” que fai unha análise crítica do noso contorno. É a exposición coa que arrinca o “I Congreso de territorio e urbanismo” que comeza mañá en Santiago.

Máis información sobre a nova normativa no Faro de Vigo, na nosa hemeroteca sobre a creación da Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística e sobre o congreso nesta web

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colexio de Arquitectos, Culturagalega, Faro de Vigo