O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, estivo onte en Sanxenxo no acto de entrega das bandeiras azuis que lucirán os areais galegos este verán. Alà anunciou que no segundo semestre deste ano remitirá ao Parlamento o Proxecto de Lei de Protección da Paisaxe. Ademais, informou que traballa na elaboración dun Plan Integral do Litoral co obxectivo de acadar un desenvolvemento sostible da costa. Mentres tanto, a Federación de Promotores de Edificación e Solo de Galicia ofreceron a súa postura en contra da nova polÃtica urbanÃstica da Xunta, alegando que danarÃa a economÃa e que agravarÃa a crise demográfica de Galicia.
Máis información sobre o anuncio da Lei de Protección en El Correo Gallego e sobre a resposta dos promotores á polÃtica urbanÃstica no Faro de Vigo