O CDG inicia a súa nova temporada coa comedia “O regreso ao deserto”

Rir no deserto

O Centro Dramático Galego estrea mañá a temporada teatral de outono. Faino con outra estrea, a de Cristina Domínguez como directora da compañía pública, que presenta “O regreso ao deserto”, unha adaptación da obra do francés Bernard Koltès. Pero esta obra supón un aspecto novo na traxectoria do CDG, que é a apertura da compañía a dramaturgos contemporáneos e a historias actuais. Veteranas como Pilar Pereira, xente nova como Alberto Rolán e nomes coñecidos como Celso Parada ou Luísa Merelas interpretan unha obra que estará en Santiago ata o 19 de novembro e logo se desprazará a Lugo, Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Ourense, Ribadeo, Vigo e Narón.

Máis información no web do IGAEM e na nosa nova sobre a programación