Educación e Medio Ambiente crean un videoxogo en rede para ensinar aos novos a reciclar

Ecopanda

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Inculcar a cultura da reciclaxe desde novos. Con este obxectivo, as Consellerías de Educación e Medio Ambiente acaban de poñer en marcha “Keco e a busca da Ecopanda”. Un xogo en rede dirixido a nenos de 8 a 15 anos que se completará cunha campaña televisiva baixo o lema “Recicla e gaña”, así como coa incorporación da mascota Keco no Xabarín. Non é a primeira vez que a administración bota man das novas tecnoloxías para ensinarlles aos rapaces a reciclar. O concello de Narón fíxoo hai uns anos con “Lixeiriño”, un videoxogo para ensinar a separar os desperdicios.

O web do xogo (operativo a partir do luns) e sobre Lixeiriño no noso tema

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Culturagalega, Concello de Narón

Claves

Conceptos
Lugares