Vicepresidencia, Educación e mais a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica presentaban onte a campaña "Eu son", que achegará o galego a 85.000 alumnos de Educación Infantil. En total destinaranse 643.000 a este programa, no que se inclúe o reparto de cadernos e libros da serie de contos "Os Bolechas", crebacabezas, mochilas ou camisetas, entre outro material. Precisamente "Eu son" é o tÃtulo dunha das series destes personaxes que se repartirá nos centros, destinada a que os nenos se describan e se recoñezan na nosa lingua. Xa o ano pasado adiantaban desde a editorial "A Nosa Terra", responsable da serie, a intención de desenvolver unha campaña en centros de ensino con este material.
Máis información no web da Xunta e en Galicia Hoxe; máis sobre o material que se reparte no noso tema sobre Os Bolechas