Medio Ambiente constrúe un parque de lecer para ensinar a reciclar

Recicla que algo queda

10/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
9 lecturas | Compartido 0 veces
Na necesidade actual por concienciar aos cidadáns na importancia da reciclaxe, a Consellaría de Medio Ambiente e o concello de Ponteareas acaban de presentar “Espazo recicling”. É un parque que ofrecerá numerosos xogos deportivos xunto a unha serie de paneis informativos nos que se van dando claves para ensinar a reciclar. Non é a única noticia ambiental relacionada co concello de Ponteareas, xa que o Consello da Xunta de onte aprobou autorización para a construción dun “punto limpo” (lugar no que se depositan residuos domésticos que non se poden deixar nos colectores habituais) nesta localidade pontevedresa.


Máis información no Faro de Vigo

Universo culturagalega.gal

Contextos