O MARCO enfila a recta final do ano expositivo cunha revisión da pintura mentres se multiplican as intervencións artísticas

Música por todas partes

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Con setembro, ademais do inicio do curso escolar, as institucións e fundacións programan numerosas exposicións coas que facer máis lixeira a volta das vacacións. O MARCO de Vigo presentou onte a programación do último trimestre que ten en “Pintura mutante” o prato forte. Unha mostra que recollerá unha revisión do estado actual da pintura. Ademais, Madrid e Santiago acollen unha serie de instalacións colectivas que pretenden recoller a visión que teñen artistas internacionais sobre Galicia e Santiago, respectivamente. As oito intervencións santiaguesas que conforman “A cidade interpretada” comezan hoxe, mentres que “Galicia nosa/Galicia nuestra” abriu onte a temporada cultural da Casa de Galicia en Madrid.

Máis información sobre a programación do Marco en La Voz de Galicia e no seu web, sobre a exposición “A Cidade Interpretada” en Compostelacultura.org e sobre “Galicia nosa/Galicia nostra” en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Madrid, Exposicións, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)