Ute Lemper pecha en Vigo o Festival Are More

Xacobeo more

15/12/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Estamos no último mes do ano e con él o peche dalgúns dos eventos que se desenvolveron ao longo do 2003. É o caso do Xacobeo que se despide este venres (ás 21:15 horas) cun espectáculo piromusical que se desenvolverá simultaneamente nas sete cidades de Galicia (A Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Ferrol). Un día antes, Santiago acollerá o Festribal, un evento que convertirá o Multiusos nun salón de baile no que haberá música, proxeccións e performance a cargo de numerosos grupos internacionais. E ás 20:30 desta noite, a alemá Ute Lemper pechará no Teatro Fraga de Vigo unha nova edición do Festival Are More.

Máis información sobre o fin do Are More e do Xacobeo en La Voz de Galicia e no web Xacobeo

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Vigo, Espectáculo, Teatro...