O Obradoiro de Instrumentos tradicionais levará a Murcia e Alacante a historia de varios instrumentos galegos

Música por todas partes

12/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
24 lecturas | Compartido 0 veces
A gaita e a zanfona son algúns dos instrumentos musicais galegos dos que se poderá ter información en museos de Murcia e Alacante, concretamente nos museos étnicos da música de Palau Altea, en Alacante, e o de Barranda en Murcia. Isto é posible grazas ao acordo ao que chegaron Luciano Pérez, director do Obradoiro de Instrumentos Tradicionais do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo (Centrad) e Carlos Blanco Fadol, un etnomusicólogo de raíces galegas e director deses centros. Ademais, Blanco Fadol, candidato ao premio Príncipe de Asturias da Concordia, avanzou que traerá a Lugo unha mostra e ofrecerá un concerto.

Máis información en El Progreso e sobre o Centrad no web da Deputación de Lugo



Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
4 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos