O Centrad organiza unha xornada sobre chirimía e sacabuche

Será a primeira na que se afonda no coñecemento destes instrumentos renacentistas de vento

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaHistoria
Compartir:
Foto: Deputación provincial de Lugo

Foto: Deputación provincial de Lugo

O Centrad, Centro de Artesanía e Deseño da Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza esta fin de semana a Iª Xornada de chirimía e sacabuche. Trátase dun obradoiro teórico práctico no que os participantes coñecerán o funcionamento de instrumentos renacentistas de vento entre os que están destacados a chirimía e o sacabuche, considerado o antepasado do trombón. A formación estará impartida polo grupo almeriense Anónimo IV Ensemble de Música Renacentista e Medieval e comezarán o venres pola tarde e o domingo rematarán ao mediodía. O programa durante as tres xornadas inclúe palestras sobre instrumentos de palleta dupla na península Ibérica dende o Islam ata o século XV ou de instrumentos de vento nas catedrais galegas. Tamén se levarán a cabo clases grupais sobre o temperamento mesotónico e a relación coas tonalidades, características acústicas das chirimías, o papel do sacabuche nas transposicións ou a interpretación de obras en conxunto. As persoas interesadas poden inscribirse a través do correo electrónico chirimiasgalegas@gmail.com ou no teléfono 629 421 544. O Centrad de Lugo custodia unha colección de instrumentos musicais e obxectos sonoros e programa obradoiros e mostras para achegarse a eles.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Deputación de Lugo, DUPLA, Península Ibérica