A Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais LABRA constituÃse en abril do pasado ano e estivo presente en Culturgal pero tivo a súa presentación pública de gala a pasada fin de semana coa celebración do 1º Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais celebrado no Colexio Maior Santo Agostiño, en Santiago de Compostela. Organizado pola asociación co apoio da Fundación ArtesanÃa de Galicia. Esta entidade reúne a un importante gremio da nosa artesanÃa vencellado á nosa cultura e tradición musicais. O encontro reuniu representantes de ata 26 obradoiros deste oficio, que ten tanto que ver con instrumentos musicais actuais, tradicionais ou modernos, como coa recuperación de outros históricos. Fontes da asociación consideran que existen moitos máis obradoiros en Galicia deste tipo de artesanÃa. A asociación púxose de nome LABRA, un resto de madeira que se desprende ao traballala, un nome que ademais sinala a relación con esta materia prima importante na nosa terra. Francisco Luengo, artesán e investigador de instrumentos anteriores ao s. XIX, preside a directiva, Ana Fariña, especialista en violÃns, violas e violonchelos, é Vicepresidenta e Suso Gestal, construtor de instrumentos de vento madeira, exerce como secretario, completan a directiva César Arias e Tony EsparÃs.