Morre o lutier Xesús Pérez González

Estivo moi vinculado á recuperación de instrumentos medievais e a zanfona

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Morre o lutier Xesús Pérez González

A Asociación de Gaiteiros Galegos lamentou a recente morte de Xesús Pérez González, lutier moi ligado ao obradoiro-escola de instrumentos musicais da Deputación de Lugo. Pérez González incorporouse ao obradoiro en 1975 e alí "desenvolveu unha intensa labor a favor da difusión da zanfona e formación de futuros artesáns". Pérez González destacou pola construción das primeiras zanfonas en dúas tonalidades diferenciadas, en colaboración con Luciano Pérez e Antón Corral. O lutier tamén destacou por facer reconstrucións históricas coma o organistro medieval, as cinfonías das Cantigas de Alfonso X e copias de modelos tradicionais únicos.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Morte, Deputación de Lugo, Asociación de Gaiteiros Galegos