A Xunta crea un rexistro dos montes para evitar a súa recualificación

Montes rexistrados

11/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
15 lecturas | Compartido 0 veces
Entre os motivos que se apuntaron como causantes da vaga de incendios do pasado mes de agosto, figuraba a recualificación urbanística. Pois ben, para evitar que se cambie o uso do chan dos montes queimados, a Xunta acaba de anunciar a creación dun rexistro que anote o lugar e a superficie de todos os incendios forestais. Esta medida recóllese na Lei de Prevención e Extinción de Incendios que elabora a Consellaría de Medio Rural. Un texto xurídico que espera que sexa aprobado e que entre en vigor no primeiro semestre do próximo ano.

Máis información en La Opinión


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medio Rural, La Opinión

Claves