A cidade olívica acolle os actos da Semana Cultural da capital Belga

Bruxelas está en Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Vigo semellará Bruxelas máis que nunca durente esta semana. Co gallo da Semana Cultural de Bruxelas a gastronomía, a arte, a danza e varias conferencias irmanarán as dúas urbes.

Conferencias

Hoxe comezan os actos da semana cultural coa conferencia que sobre o pintor Van Dyk ofrecerá Juan Luna, xefe do departamento de Pintura Francesa, Inglesa e Alemana do Museo do Prado. Mañá será Matías Díaz, conservador xefe do departamento de Pintura Flamenca e Holandesa do mesmo museo quen fale do pintor belga. A convivencia de linguas e culturas en Bélxica e evolución da banda deseñada nese país será analizada polo Stéphane Moens, lector belga na Universidade do País Vasco.

Gastronomía

A comida e bebida belgas estarán representadas en Vigo a través do cociñeiro Serge Godeau, que durante toda a semana irá elaborando diferentes pratos tradicionais de Bélxica . Finalmente, a compañía belga Irne K.Goe ofrecerá un espectáculo de danza o día 25 e proxectaranse dúas longametraxesdos irmáns Luc e Jean-Pierre Bardenne os días 28 e 29.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bruxelas, Vigo, Cidade Olívica, Danza...