A mostra 10 anos de BD galega visita Bruxelas

Poderá verse na sede do Festival de banda deseñada de Bruxelas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cartel da exposición 10 anos de BD

Cartel da exposición 10 anos de BD

Logo de que se puidese ver no Festival de Angoulême, en Viñetas desde o Atlántico, no Salón de Cangas, no de Ourense, no de Beja ou no Verbum, a mostra 10 anos de BD galega chega a Bruxelas. A capital belga acollerá desde o 1 ata o 11 de outubro esta escolma de traballos de creadores galegos de cadriños (tando debuxantes como guionistas) da última década. A presenza da mostra coincide coa celebración do Festival de Banda Deseñada da Rexión de Bruxelas e coa celebración do Ano da BD nesta cidade.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bruxelas, Banda deseñada, Viñetas desde o Atlántico, Verbum...