A mocidade da diáspora galega en Bruxelas reunirá esta fin de semana na capital belga un elenco de representantes da escena musical galega no que será a segunda edición do festival EmigraSON. Esta iniciativa autoxestionada por un grupo de xente nova emigrada, conta este ano co apoio da Xunta de Galicia, e as empresas Deleite e Rei Zentolo, que súmanse nesta segunda edición aos apoios do Parlamento Europeo e nomeadamente dos eurodeputados Nicolás Casares (PSOE) e Ana Miranda (BNG). Os organizadores buscan "achegar Galicia a súa cidade e crear un lugar de encontro para a mocidade galega no estranxeiro" e con esa finalidade acadaron levar unha representación da puxante escena musical galega actual. O programa ábrese hoxe coa actuación do dúo Aldaolado nas instalacións do Instituto Cervantes, para posteriormente celebrar unha foliada coa formación Alumea no local do Colectivo GarcÃa Lorca. O cartel do que é propiamente o festival musical a celebrar o sábado inclúe a Ataque Escampe, Catuxa Salom, Grande Amore, Lontreira e The Rapants,, todos eles actuarán desde as 16:30 horas no local La Tricoterie da capital belga. O evento serve tamén de marco á celebración do Iº Foro de Investigadores Galegos no Estranxeiro, organizado pola Rede Galega pola Investigación, InvestiGal, que reúne a ducias de investigadores galegos que traballan en paÃses diversos.