O conxunto laponés Wimme pecha en Pontevedra a semana de Helsinki

Helsinki a un paso

A cultura, a paisaxe, a gastronomía e a arquitectura finlandesa estiveron presentes toda esta semana en Pontevedra. Unha mostra organizada dentro do programa "Galicia, cidade única" e que dará paso á semana de Bruxelas que se celebrará en Vigo.

Actos da fin de semana




Este sábado Marku Komonen, Catedrático de tecnoloxía da Universidade de Helsinki achegará ó auditorio de Caixanova a arquitectura finlandesa. Ademais, dentro dos actos previstos na fin de semana, está previsto a actuación de Wimme, un conxunto de música folk e étnica de Laponia. Ó remate do concerto, sortearase entre os asistentes unha viaxe a a Finlandia.












Semana de actividades



Cinema, exposicións fotográficas e conferencias foron os principais actos que se desenvolveron en diferentes recintos de Pontevedra. O ciclo de cinema trouxo ó auditorio de Caixa Madrid filmes finlandeses dos noventa. A mostra fotográfica "Luces Boreais" de Tauno Kohonen é un ensaio sobre a luz e a natureza e unha homenaxe ós bosques e áreas virxes de Finlandia. A exposición exhibiuse na Facultades de belas Artes. E na Sala Teucro a exposición "O país dos mil lagos", ofrece fotografías e estampas deste país nórdico.