O Museo Nacional de Belas Artes inaugura unha mostra que afonda na relación de Laxeiro con Bos Aires

Laxeiro en Bos Aires

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
José Otero Abeledo (Lalín, 1908-Vigo, 1996), máis coñecido como Laxeiro, foi un dos representantes máis destacados da plástica galega. O seu legado segue vivo nunha fundación que leva o seu nome e que estes días ultima unha exposición que se abrirá no Museo Nacional de Belas Artes de Bos Aires o vindeiro día 6. Unha mostra que ten un especial interese dado que o pintor lalinense viviu na capital arxentina durante dúas décadas, unha estadía que deixou unha fonda pegada na súa faceta creativa. Ademais, a exposición inclúe obras descoñecidas do pintor porque proceden de coleccións particulares que nunca foran exhibidas.

Mais información no Faro de Vigo e no Fundación Laxeiro

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Bos Aires, Belas Artes, Fundación Laxeiro...

Claves

Protagonistas
Conceptos