O Concello de Santiago anunciaba onte o compromiso de liderar a protesta de todas as urbes Patrimonio que quedaron excluídas do 1% cultural. E hoxe sabemos que ese compromiso ten unha data: o 18 deste mes de marzo en Toledo. Será alí onde se asigne un documento entre todas as Cidades implicadas aproveitando que asinarán un convenio con Rodrigo Rato para a promoción turística dos municipio. E botándolle un ollo ás actuacións que se realizarán con ese 1% (que son 7.3 millóns de euros) atopamos un edificio galego: o Castelo de Vilasobroso en Ponteareas (Pontevedra).
Cidades unidas
Desde que onte se deu a coñecer o listado de actuacións previstas nas que investir ese 1% do Presuposto de Fomento que se destina a proxectos de carácter cultural, o teléfono do alcalde de Santiago non parou de soar. Entre outras cousas porque o ano pasado cando se presentou o informe para a rehabilitación da rúa das Rodas (o mesmo que se lle presentou ó Ministerio para conseguir formar parte dsa partida presupostaria) todos daban case por suposto que se recibirían eses cartos. Como non foi así, e como foi unha medida que afectou a máis dunha das chamadas Cidade Patrimonio, estas decidiron aliarse para reclamar o que consideran pertinente debido á súa condición. E logo de que Santiago asumise o liderazgo desa iniciativa, faltaba concretala. E a concreción chegará o día 18 deste mes en Toledo, onde estarán presentes todos os alcaldes destas urbes para asinar un convenio co ministro de Economía, Rodrigo Rato, para a promoción turística dos seus municipios. De momento, para esa xuntanza o que se sabe é que o director xeral de Cultura, Puig de la Bellacasa, tal e como publica hoxe La Voz de Galicia, asegurou que estas cidades se incluirán no orzamento. Unha afirmación con matices xa que, non son todas e non se pode garantir para este ano.
Un galego na lista
No listado de actuacións, programas e edificios que entrarían a ser subvencionadas dentro dese 1% do presuposto de Fomento hai un edificio galego. Trátase do Castelo de Vilasobroso (do século XII), sito na localidade pontevedresa de Ponteareas que é titularidade do Concello e que ten un gran valor patrimonial. A actuación supón a reparación da cuberta da capela, instalación de alumeado exterior e itinerarios peonís contará cunha axuda de 25.800 euros (dos 7.3 millóns que ten de orzamento total). A súa inclusión na partida presupostaria forma parte do Programa de Castelos e Elementos defensivos do Ministerio de Cultura. O resto da partida destinarase ás actuacións nos castelos de San Miguel de Almuñécar, Granada; Boltaña, Huesca; Báguena, Teruel; Palacio dos Condes de Aranda de Biota, Zaragoza; Arándiga, Zaragoza; Calatañazor, Soria; Baronía de Cervelló, Barcelona; Gelida, Barcelona. Asimesmo, realizaranse melloras no recinto amurallado de Estrada de Val de San Vicente, en Cantabria; as murallas de Castro Ventosa de Cacabelos, León; Cidade Rodrigo, Salamanca; a Alcazaba árabe de Badaxoz; o recinto fortificado de San Vicente da Sonsierra, A Rioxa, e a muralla medieval e as torres do cárcere e do campanario do castello de Segorbe, Castellón.