As rúas e prazas de Compostela acollerán un ano máis as danzas máis vangardistas este mesmo mes. A sexta edición de "En pé de pedra", ciclo de danza que organiza o Teatro Galán, chegará á capital os días 22, 23 e 24, cun total de quince representacións a cargo de sete compañías.
Todos á rúa
A pesar de que o orzamento deste ano reduciuse en catro millóns, ficando só en nove, o Teatro Galán acadou manter o nivel deste evendo gracias á colaboración do Concello de Santiago, o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Consello da Cultura e tres empresas privadas. As sete compañías participantes realizarán oito montaxes que se representarán en diferentes lugares abertos de Compostela coma a Praza da Quintana, o Paseo da Ferradura ou o Parque de San Domingos de Bonaval. Este festival forma parte de "Cidades que danzan", unha rede internacional de festivais de danza que se celebran en paisaxes urbáns.
Arrincando
O festival ábrese coa actuación ás seis da tarde do día 22, da Compañía Mal Pelo, de Cataluña, que interpretará na Praza as Praterías "Canción para Santiago (canción para un sordo)", espectáculo de danza creado e interpretado por María Muñoz e Pep Ramis. Ese mesmo día poderemos gozar de tres actuacións máis. Así a compañía madrileña de Teresa Nieto, ofrecerá ás oito en Bonaval o espectáculos "Fa-Dos". Dúas horas máis tarde será o CGAC o que sirva de escenario para que a compañía sevillana El Punto! escenifique "Jaula de Grillos". Esta mesma compañía será a encargada de pechar o festival con outra montaxe, "Exhibición de hip hop" que se desenvolverá ás doce e media da noite do día vintecatro na Quintna.. Ás doce da noite remata a xornada na Carballeira de Santa Susana coa montaxe de "Viaje Tarambana" da compañía Au Ments, que repite participación neste festival.
Máis
A xornada do 23 comeza coa representación de "Zoom" a cargo de Lapsus Danza. Será á unha da tarde na Quintana. A compañía ¿Que tal estás? representará "¿Que tal estás? -we don´t have video yet" diante do Convento de Bonaval ás oito da tarde. Os italianos Bassini Bruni encherán ás doce da noite o palco da música da alameda con "Tangaz" , unha mestura de teatro, danza e música en vivo. E non só isto. Todas as actuacións repetiranse. Así para os días 23 e 24 está previstas cinco funcións diarias, ás 13:30, 18, 20, 22 e 24 horas.