Os cataláns "Los Los" sorprenden na estrea da V Mostra ourensá de Teatro

Función dobre

Metidos en tres bidóns e cantando "Oh sole mio!" os cataláns "Los Los" sorprenderon ós ourensáns na inauguración da V Mostra Internacional de Teatro de Rúa. E se falamos de Teatro, falamos de Pontevedra, onde se está a facer balance do éxito do programa "os domingos do Principal". Unha campaña que levou á sala pontevedresa a uns dous mil rapaces. O teatro comeza a espertar.

Risas enlatadas


Enric Ases, Piero Steiner e Richard Collins Moorre, ou que é o mesmo "Los Los", estrearon onte a Mostra Internacional de Teatro de Rúa de Ourense. A súa atípica función, que se desenvolveu na rúa do Paseo, tivo unha acollida do máis diversa. Desde os que se animaron a formar parte do espectáculo, ata os que ollaban timidamente para os bidóns. O resultado final foi que foi un espectáculo que arrincou, canto menos, sorrisos a moitos ourensáns. Completou a primeira xornada, o grupo de títures "Falcatrúa" que ofreceu pola tarde un espectáculo para os máis pequenos.












Domingos de éxito



A segunda edición dos "domingos do Principal" tiveron unha boa acollida entre os máis novos. Segundo os datos que manexan os organizadores, o Concello de Pontevedra e o grupo "Teatro Akatro", uns dous mil escolares gozaron coas funcións dominicais no último mes e medio. "Ultramarinos de Lucas", "Tanxarina", "Berrobambán", "Teatro Akatro", " Good Idea Company" e "ArtÍmagen" foron as compañías que expuxeron as súas montaxes no Principal.