¿Que resulta da unión entre unha empresa que se encarga á iluminación e unha compañÃa de teatro? Pois que recuperan un festival con tradición e moito éxito de público. É o que acontece en Carballiño onde a empresa Arteficción e a compañÃa Nove Dous deciden recuperar o Festival do Teatro Galego que comeza mañá.
Jouse GarcÃa, un dos compoñentes de Nove Dous explica que todo comezou cando "unha empresa de Ourense (Arteficción) que se encarga da iluminación, do son e do alugueiro dun tipo de equipos de son, querÃa recuperar o festival porque levaba anos sen celebrarse e porque lle apetecÃa recuperar esta historia". E foi a partir de aà cando se puxeron a traballar para recuperar o evento.
A edición recuperada
O primeiro paso foi contactar coa Asociación Cultural Orballo, que foi a alma mater do Festival de Teatro Galego do Carballiño quen lle deixou o camiño aberto para recuperar o seu traballo. "Nós, explica Jouse, o que queriamos era volver a celebrar o festival, recuperalo, e máis adiante poder facer máis cousas, porque este ano só podemos organizar catro dÃas porque non chegaba o presuposto para máis" E asà montaron un programa que dura desde o 7 até o 10 de setembro no que están Nove Dous ("O porqué das cousas"), TalÃa Teatro ("Bicos con lingua"), BB Producións ("Lilà BelÃn Cabaret") e Sarabela Teatro ("O lapis do carpinteiro").
E para isto contouse cun orzamento que aÃnda está sen pechar porque, tal e como explica Jouse, "aÃnda faltan por saber se se concederon algunhas das subvencións solicitadas". Mais agárdase que se consigan uns 9.000 euros máis o que se recade no despacho de billetes (cada entrada ten un prezo de 5 euros).
No fondo, os obxectivos que se perseguen nesta nova andaina do Festival de Teatro Galego son os mesmos que antes, en palabras de Jouse GarcÃa, "amosar o mellor teatro galego deste último ano". Dina Nogueira, a directora da primeira etapa do festival carballiñés, dicÃao doutro xeito "pretendÃa ser un escaparate do que se cociñaba en Galicia e un achegamento ao público carballiñés.
A primeira etapa
Todos os anos, na primeira quincena de setembro e como antesala ás festas patronais, a Asociación Cultural Orballo programaba o seu Festival de Teatro Alternativo. Foron unhas "quince edicións aÃnda que con algunha interrupción" que fixeron que o público carballiñés se volcara no teatro. Nas últimas edicións, recorda Dina, "conseguimos encher o auditorio municipal, que ten un aforo de 500 prazas, repetir algunhas funcións e mesmo deixar a un grande número de público sen entrada". Era un evento agardado con entusiasmo e interese polo público.
Pero hai catro anos a Asociación decidiu non seguir adiante ¿Porqué? Pois por desavinzas co concello do Carballiño. "Pensamos que o castigo era non facer un festival que pagaba a Xunta, a Deputación, o IGAEM e que o concello pretendÃa ser unha entidade colaboradora achegando unicamente o escenario que pagamos todos nós". E a drástica decisión foi tomada nun momento no que o público estaba a apoiar o festival. De feito, nas últimas edicións rexistrábase cheos absolutos (contando con que o escenario conta con 500 prazas de aforo), Dina Recorda "o éxito era absoluto con apoio do público e moi apreciado polos grupos de teatro que tiñan un trato moi afábel e deixalo foi a maior protesta que nós podiamos facer". E os mesmos motivos que o levaron a deixar de organizar o festival, levaron a Asociación Cultural Orballo a permanecer fóra da organización desta edición, á que conceden todo o seu apoio e bos desexos.