O mito de "Orfeo ed Euridice" de Haydn foi o encargado de abrir o festival Mozart que se celebra anualmente na Coruña. Un festival que este ano conta cunha actividade moi singular: o Foro Cultural Mozart. Un espacio que ten como obxectivo analizar a situación da ópera, as relacións con outras artes. E, un pouco máis lonxe, en Vigo, o Teatro Cine Fraga prepárase para acoller unha tonadilla, "Tres enredos de amor". Un espectáculo máis dentro do festival Moare que celebra a Cidade OlÃvica.
Foro de discusión musical
Esta tarde dará comezo a primeira das tres xuntanzas previstas do Foro Cultural Mozart, unha actividade paralela programada dentro do Festival Mozart da Coruña. Nesta primeira xuntanza o profesor de literatura Jacobo Cortines (Lebrija, 1946) falará "De la literatura a la música: Hacia Orfeo". O acto terá lugar ás oito no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia e estará presentado por Carlos Villanueva, catedrático de música da Universidade de Santiago.
Deste xeito dase entrada a un foro que pretende analizar as orixes da ópera e as relacións entre a poesÃa e a música. Todo iso sonando de fondo as obras de Haydn e Gluck, o Orfeo e o orientalismo na música de Mozart e Rossini, e as relacións musicais entre Oriente e Occidente.
A vindeiras citas deste Foro terán lugar os dÃas 19 e 30 desde mes de xuño, con conferencia e mesa redonda respectivamente.
Tonadillas en Vigo
Coa obra "Tres enredos de amor", a cidade de Vigo poderá recuperar o esplendor das "tonadillas" (unha canción de pouca trascendencia pola súa frivolidade, e de menguado valor artÃstico). Para esta montaxe, na que participan a Orquestra Millenium e e numersoso actores e cantantes, tiveron que acudir a Biblioteca Histórica de Madrid para a recuperación de partituras a partir do manuscrito do compositor. A obra está composta por tres "tonadillas", "A dama do mal humor", "O cabaleiro e a modista" e "O vello desenganado", que expresarán risa, humor, envexas e ansiedades, onde todas as personaxes dos escenarios foron figuras históricas reales. Esta representación está dirixida por Germán Torrellas, un especialista en composición e interpretación de zarzuelas que leva máis de 15 anos no sector.