Comeza na Coruña o festival Mozart nun ano que pretende ser de transición

A propósito de Mozart

12/5/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Este sábado arranca na Coruña a VI edición do Festival Mozart. E faino cunha ópera, “Júpiter y Semele” de Antonio Literes, no que será unha programación de transición xa que a partir do ano que ven haberá cambios que farán que o festival se centre máis en figuras alternativas e inspiradas no traballo de Mozart que en si mesmo. Este ano interpretaranse dúas óperas de Mozart, “Zaide” e “La flauta mágica” que pretenden servir de reclamo para os públicos novos. Completa o cartel do festival un ciclo de cine e unha serie de coloquios organizados pola Universidade nos que abordarán as relacións entre Mozart e a gran pantalla.

Máis información no web do Festival

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozart, Festival Mozart, A Coruña, Ópera...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares