Logo dos intentos de recuperación da Semana Santa de Compostela que se viñeron dando na última década, a cidade tenta este ano dar un novo pulo á celebración engadindo actividades culturais ás xa tradicionais procesións. Así, a colaboración entre as confrarías, o Concello, a Universidade e o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) permitirán a celebración de dúas mostras e dun ciclo de música sacra.
Xunta de confrarías
O pasado mes de decembro constituíase formalmente en Compostela a Xunta de Confrarías, que agrupa ás once entidades deste tipo existentes na cidade. Aínda que esta Xunta xa se viña encargando desde 1993 da organización das actividades locais de Semana Santa na forma dunha xestora, o seu recoñecemento oficial é, segundo os responsable do colectivo, un punto de inflexión para potenciar estas celebracións.
Así, Isolino Castiñeiras, presidente da Xunta de Confrarías, aunciou un incremento da calidade nas once procesións que se celebrarán este ano, así como a apertura das actividades desta época a campos que traspasan o puramente relixioso.
Dentro da súa tentativa de difusión das actividades da Semana Santa de Compostela, esta entidade vén de pór en marcha unha web na que se recolle información de todas as confrarías que a conforman e as actividades que organizan.
A súa intención última e potenciar e promocionar a Semana Santa Compostelana, que veu recuperando na última década grande parte do seu esplendor.
Concertos
Dentro das actividades promovidas desde a Xunta de Confrarías englóbase o ciclo de concertos de música sacra que se está a celebrar en colaboración co IGAEM. Os seis concertos que compoñen este ciclo acompañarán as celebracións relixiosas entre os días dezaseis e trinta e un de marzo. O primeiro concerto será ás oito da tarde do día 16 na igrexa de San Paio a cargo do coro Ultreira de Pontevedra. No mesmo lugar actuará o día 24 o Collegium Compostellanum. A Catedral acollerá o día 25 un recital de órgano a cargo de Juan de la Rubia Romero. O día 26 actuará Si Vis Me Canere na igrexa da Compañía de María. O día 30 a igrexa de Santa María do Camiño acollerá ó grupo O Vos Omnes e o día 31 a Orquestra de Cámara de Galicia actuará na igrexa de San Francisco.
Exposicións
Ademais dos concertos, a Semana Santa compostelana contará con dúas mostras fotográficas centrada nesta celebración. Así, este mesmo venres abrirá na Capela das Ánimas a mostar "A pasión de Ponferrada", que recolle imaxes desta celebración na localidade berciana. O día 22 a sala Caixa Galicia acollerá "Arte Confrade en Santiago", fotografías das celebracións sacras na capital.