Sucédense por toda Galicia os concertos de música sacra

Música Santa

Pontevedra, Santiago, Vigo, Redondela, entre múltiples localidades galegas, acollen estes días, como preámbulo ós festexo de Semana Santa, diversos concertos de música sacra.

Concertos en Redondela e Pontevedra


A Semana Santa iníciase en Pontevedra e Redondela con senllos concertos. Para comezar, o Museo de Pontevedra vén de organizar o tradicional concerto na igrexa de San Bartolomé; un concerto que corre a cargo dos "Cantores do Instituto de Pontevedra" e que intepretarán "Dominus Iesus" e "La Pasión según San Juan" de Tomás Luis de Victoria; coas seguintes intervencións "Iesum nazarenum", "Nunquid et tu", "Sin hunc dimitis", "Tolle, tolle", "Non habemus regem", "Noli scribere" e "Non scindamos eam". E En Redondela, hoxe se celebra na igrexia de Santiago de Redondela a actuación do "Coro Clásico de Vigo", un concerto dirixido por Joaquín Carvajal Baños e se inclúe na programación cultural de "Galicia nos sentidos 2001", que promove a Xunta.












Gregoriano a través do tempo



A"Pasión de Cristo según San Lucas", "Antífonas" e "Responsorios", unha das máis selectas e inspiradas pezas do repertorio gregoriano, intepretaranse hoxe no Teatro Principal de Ourense. Unha actuación que corre a cargo da prestixiosa agrupación checa "Schola Gregoriana Pragensis".




De Sinfónicas: a do sur e a nova


E cun programa relixioso a Orquestra Sinfónica do Sur de Galicia encheu onte a igrexa de San Francisco. Acompañada por un coro, a Orquestra ofreceu un programa dividido en dúas partes: unha primeira coa "Sinfonía do santo sepulcro" de Vivaldi, e a "Misa alemana" de Schubert. Na segunda parte o programa ofreceron a "Impresión nocturna" de Gaos, e o Ecmon de Beethoven. Os actos continúan hoxe coa celebración da Misa Crisma na Catedral a partires das doce.
E seguindo con sinfónicas, temos que a sección xuvenil da Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá ás 20:30 horas de hoxe na Sala de Cámara do Pazo da Ópera, un concerto cunha selección da mellor música de cámara de tódolos tempos. Un programa que inclúe repertorio de Bach, Stravinsky, Mozart, Rusell, Hayind e Hindesmith.