Sucédense os recoñecementos e as mostras de apoio a Isaac Díaz Pardo logo de que perdese o control de Sargadelos

Todos con Isaac

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O afastamento de Isaac Díaz Pardo da dirección do grupo Sargadelos está a se converter nunha das maiores causas de mobilización cultural dos últimos tempos. O pasado xoves era a Asociación de Escritores en Lingua Galega quen lle entregaba o seu premio "Bos e Xenerosos". O mércores premiábao a Fundación Araguaney. Están xa en marcha dous manifestos reivindicando que volte á fronte de Sargadelos. O Colexio de Arquitectos nomeouno Colexiado de Honra e mesmo a Sociedade Española de Mineraloxía expresou o seu apoio. De certo non han ser os últimos.

Máis información nos arquivos de Galicia Hoxe; nos de La Voz de Galicia; e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sargadelos, Isaac Díaz Pardo, Escritores, Lingua galega...