Emilio Pérez Touriño comprométese coa reforma do IGAEM durante o encontro de Directores de Escena en Mariñán

Aposta teatral

16/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, comprometeuse esta fin de semana a apoiar as reformas do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais e apuntou que o Goberno Galego traballará para conseguir un Centro Superior de Formación Teatral. Pérez Touriño facía estas declaracións durante o encontro que Asociación de Directores de Escena estatal desenvolveu no Pazo de Mariñán na fin de semana. Neste mesmo encontro, o colectivo outorgoulle a súa medalla a Isaac Díaz Pardo, entre outras institucións.

Máis información en Galicia Hoxe ; máis sobre o IGAEM nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Emilio Pérez Touriño, Isaac Díaz Pardo, Artes Escénicas...