A liorta que enfronta dous sectores de accionistas de Cerámicas do Castro dá unha nova volta. Isaac DÃaz Pardo, un dos fundadores da empresa, acaba de pór á venda as súas accións, un 26,24% do total que está valorado en 1,3 millóns de euros, segundo informa "La Voz de Galicia". DÃaz Pardo mantivera fortes enfrontamentos con outros accionistas do grupo pola súa proposta de ceder a xestión do Castro á Fundación Sargadelos para, segundo el, salvagardar a vertente cultural da empresa. O conglomerado formado por Cerámicas do Castro, Sargadelos, Edicións do Castro e outras entidades tense convertido nun referente fundamental da nosa cultura no último terzo do século XX.
Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos