Primeiro deixou a presidencia do Consello de Administración de Cerámicas de Castro e o pasado luns foi destituÃdo como administrador de Cerámicas de Sargadelos. Isaac DÃaz Pardo fecha outro capÃtulo na historia do emblemático grupo que axudou a crear e que foi un emblema da nosa cultura no último terzo do século XX. Os integrantes provisionais do novo consello de administración son Santiago Sineiro, Javier Remeseiro e José LuÃs Vázquez, tres homes vencellados ao grupo desde hai anos que en breve proporán o nome do novo presidente. Malia que anuncian o seu interese de perpetuar o legado cultural, Isaac DÃaz Pardo acusa o grupo maioritario de primar os intereses económicos por riba dos culturais. A ruptura que provocou a saÃda de Isaac DÃaz Pardo e dos seus fillos das sociedades do complexo grupo Sargadelos poderÃa continuar esta mesma semana no Instituto Galego da Información, que tamén celebra Xunta Xeral de accionistas.
Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e sobre a polémica na nosa hemeroteca