Díaz Pardo continuara polo momento á fronte do Instituto Galego da Información

Isaac resiste

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Asemblea de Accionistas que onte ía votar sobre a continuidade de Isaac Díaz Pardo á fronte do Instituto Galego da Información (IGI) quedou invalidada. A negativa de Díaz Pardo e dos seus partidarios a presentar as contas do exercicio 2006 e a interpretación que sen abordar este punto non se podería pasar ao seguinte (votar a destitución) permitiu bloquear a xuntanza. Isto supón que, polo momento, o histórico galeguista fica á fronte do IGI. Pola súa banda, a dirección de Sargadelos, emitiu onte un comunicado asegurando o seu interese en buscar a viabilidade deste organismo. Queda pendente agora a posibilidade de que se convoque unha nova xunta de accionistas para solicitar a destitución de Díaz Pardo.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe, en El País, no Faro de Vigo; sobre o comunicado de Sargadelos en Galiciae e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sargadelos, Isaac Díaz Pardo, Galicia Hoxe, El País...