Sesenta e tres proxectos benefícianse da convocatoria de axudas a curtametraxes da Consellaría de Cultura

Curtas e con axuda

Ó final foron 172 as propostas que se presentaron á convocatoria de axudas á produción curtametraxes en lingua galega da Consellaría de Cultura. Destas, seleccionáronse sesenta e tres proxectos entre os que se repartirán 512.000 euros. O filme de animación "Un ollo de vidro" de Dygra Films, foi o que levou unha maior contía, con 20.000 euros de subvención. O xénero que tivo máis axudas foi a ficción, cun 46% do total, seguido polos documentais e mais os proxectos experimantais, cun 19% cada un.

Máis información neste pdf co resultado das convocatorias